You are here

Peis d'hos

Presentación

Presentación

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.
A finais do ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, Lina e Lola, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos.

O fin principal desta asociación é formar neste eido aos veciños desta comarca mariñeira. Esta ensinanza parte da investigación, análise e estudo dos traballos de campo levados a cabo por toda a xeografía galega.
Outro dos obxectivos arredor dos que traballa esta asociación é converter a música e o baile tradicional e a súa práctica en algo cotián, nunha actividade habitual, nun xeito de divertimento para a sociedade como foi nalgún tempo (pero enmarcado no contexto actual) e, sobre todo, sen que sexa visto como unha rareza empregada tan só por uns poucos. Sen dúbida, unha clara e arriscada aposta pola cultura do país.

¿Por que peis d’hos?
Por un lado podemos interpretar que fai referencia aos rapaces novos que teñen cabida nesta escola e, polo tanto, nesta asociación; ou non tan novos en idade pero si formados na actualidade, polo que se poden considerar debutantes neste ámbito.
Por outra banda, tamén podería referirse aos mestres que lideran e dirixen este proxecto, rapaces novos con dilatada experiencia no mundo da música e o baile tradicional pero que ata o de agora nunca se embarcaran sós nun proxecto destas características.

Mestres


  • Miguel Sotelo
    Imagen:
    Descripción:

    Miguel Sotelo é bailador e mestre de baile tradicional.
    Realizou o curso "Bailas? Didáctica da danza tradicional galega" na Universidade de Santiago de Compostela e os cursos "Antropoloxía social e cultural de Galicia: etnografía, patrimonio inmaterial e etnoarqueoloxía. Unha viaxe antropolóxica pola cultura e sociedade tradicional galega." e "Mitología, creencias, rituales y manifestaciones festivas de la cultura tradicional gallega. Un acercamiento antropológico al patrimonio inmaterial de Galicia.", ambos na UNED en Pontevedra.
    Na actualidade, dirixe o grupo Trébede e imparte clases de baile na asociación cultural Peis d'hos, no CEIP do Hío e no CEIP do Castrillón. Ao longo destes anos, tamén dirixe os grupos Ximalveira, Retrouso de Cela e Moañesa de Música e Danza e imparte clases de baile no Arco de Vilanova, Ardanceiros, Trepia ou Tarambainas.
    Ademais, imparte cursos de baile en diversas asociacións e Centros Galegos en colaboración coa Seceretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
    No apartado musical, imparte clases de pandeireta e canto tradicional na A.C. Peis d'hos.
    Cómpre destacar a súa participación como bailarín na película “La Jota” de Carlos Saura e en "Romería" de Carla Simón, e a dirección artística da curtametraxe “Irei a Darbo”.
    Formou parte do Projecto ['trepia], do grupo de pandereteiros O Tear de Llerena e das compañías de danza GS21, Circio e Quique Peón Cía. Tamén pasa pola A.C. Lembranzas da Ría, onde se inicia como bailador e músico, e pola A.C.F. O Fiadeiro.
    Participou en calidade de xurado en varios concursos de baile tradicional galego. Así mesmo, concursou en diversos certames de baile tradicional, danza e música, acadando unha morea de premios entre os que cabe destacar o segundo premio nacional obtido no XXI Certame de coreografía de danza española y flamenco 2013 realizado en Madrid.

  • Nébeda Piñeiro
    Imagen:
    Descripción:

    Nébeda Piñeiro é pandereteira e mestra de pandeireta e canto tradicional.
    É integrante das pandereteiras de Cantigas e Agarimos, e xunto a elas colaborou con artistas como Amancio Prada, Kepa Junkera, Xabier Díaz, Ailá ou Radio Cos.
    Na actualidade dirixe ás pandeireteiras Lina e Lola e as pandeireteiras Peis d'hos, e imparte clases de pandeireta e canto tradicional nas escolas de pandeireta do CEIP do Hío e do CEIP de San Roque, ambas en Cangas, nas asociacións culturais Cantigas e Agarimos e Peis d'hos e no Club de Xubilados Virgen del Carmen de Moaña. Ao longo destes anos, tamén imparte clases nas asociacións Vai de Roda, Lembranzas da Ría, Moañesa de Música e Danza, Ximalveira e no Espacio +60 de A Fundación en Pontevedra.
    Ademais, foi socia fundadora e compoñente do grupo Traspés, vocalista do proxecto Loita Amada e colabora co proxecto Arredor da Tradición. Actualmente forma parte do grupo Cantometrics.

  • Jorge Juncal
    Imagen:
    Descripción:

    Formado como acordeonista da man do mestre Eugenio Juncal.
    Tamén traballa como músico multiintrumentista, compositor e productor musical.
    Conta cunha ampla traxectoria profesional, tocando dende hai máis de 20 anos cos grupos Beladona, Anubía, Macfeck, Faltriqueira, Magin Blanco, Wöyza & the Galician Messengers, Anxo Lorenzo ou o seu proxecto persoal Fantasía coas palabras xunto con María Faltri.

  • María Move
    Imagen:
    Descripción:

    María Move é creadora, cantante, bailarina e intérprete.
    Compositora e voz para espectáculos escénicos: Contiguo (Cía. IO, 2014), AIREnoAR 2015, Ulises e a Nena durmida (Cía.Anxela Blanco, 2016), Puk e Nuk (Cía Elias Aguirre, 2018), Toda a Beleza do Mundo, 2018, 4.0 (Cia. Sue Moreno 2018), Médula (Cía Exire, 2020), IKIGAI (Cía. SU.MA, 2020), HOME (Cía. Hegwig Dances, 2021).
    Co-fundadora xunto a Alvaro Reboredo de Cía. AIREnoAR (2014-2017).
    En xullo de 2017 presenta o seu trabllo: Toda a Beleza do Mundo. Solo de danza, movemento e voz, dirixido pola bailarina e coreógrafa Nuria Sotelo, codirixido por María Move e revisado por Beatriz Pérez.
    En xullo de 2018, presenta MUUM máis Danza, un proxecto multidisciplinar de música en directo e trío de danza, que nace da actuación para os Premios da Cultura Galega 2017 (12 de diciembre 2017) xunto a Manuel Fonte (guitarra y percusión), Nuria Sotelo y Cris Vilariño (Danza), Maria Move (danza y voz). Actuaciones Festival CreaVigo, Rúa Excenica Oleiros.
    En xuño de 2020, estrea IKIGAI, xunto a Sue Moreno (Cía SU.MA.- Sue Moreno e Maria Move), espectáculo familiar de Novo circo-Teatro Físico-bel canto-Clown, dirixido por Gonçalo Guerreiro (Cía. Elefante Elegante), que recibe o premio do público en FestaClown 2020, Vilagarcía e xira con más de 10 actuacións na comunidade galega.

  • Mónica Gutiérrez
    Imagen:
    Descripción:

    Mónica Gutiérrez é bailadora e pandereteira.
    Forma parte dos grupos de baile Trébede e O Viveiro de Peis d’hos. Ademais, é integrante e fundadora do grupo de pandereteiras As Mosas do Hío e compoñente de Lina e Lola.
    Iníciase no canto tradicional sendo pequena na asociación O Arco de Vilanova. Asiste a clases de pandeireta no CEIP O Hío e foi compoñente do grupo Soavela. Máis tarde prosigue a súa formación na A.C. Peis d’hos, onde actualmente asiste a clases de baile, canto e pandeireta e acordeón.
    Imparte clases de baile e pandeireta e canto na asociación cultural Peis d'hos, de baile na asociación O Arco de Vilanova (O Hío) e de pandeireta e canto no Espacio +60 de A Fundación en Pontevedra.
    Con As Mosas do Hío e Lina e Lola, ten participado e acadado numerosos premios en concursos de percusión e canto tradicional.

  • Saínza Piñeiro
    Imagen:
    Descripción:

    Saínza Piñeiro é pandereteira e bailadora.
    É integrante e fundadora do grupo de pandereteiras As Mosas do Hío e compoñente de Lina e Lola. Ademais, forma parte dos grupos de baile Trébede e O Viveiro de Peis d’hos.
    Comeza dende moi nova a asistir a clases de canto e pandeireta e de baile tradicional na A.C. Lembranzas da Ría e no CEIP O Hío. Máis tarde continúa a súa formación na A.C. Peis d’hos, onde actualmente asiste a clases de canto e pandeireta, baile tradicional e acordeón.
    Con As Mosas do Hío e Lina e Lola, ten participado e acadado numerosos premios en concursos de percusión e canto tradicional.

  • Amanda Otero
    Imagen:
    Descripción:

    Amanda Otero é pandereteira, bailadora, educadora e mestra de educación infantil.
    Está graduada en Educación infantil pola Universidade de Vigo con mestrado en Innovación e investigación de didácticas específicas para E.I. e E.P. A maiores, tamén posúe o curso de Monitora de Ocio e Tempo Libre.
    Leva a cabo animacións infantís en celebracións e ludotecas públicas e privadas.
    Foi membro do grupo de pandereteiras Trébede. Na actualidade é pandereteira en Peis d'hos.

  • Gabi Vacaloura
    Imagen:
    Descripción:

    Gabriel Pérez é gaiteiro, cantante, mestre de gaita e divulgador da cultura galega.
    Nado en Chapela e residente en Teis (Vigo).
    É membro do grupo de música tradicional "Os Carunchos". Tamén forma parte doutros proxectos como "Os Vacalouras" ou a "Orquesta Neverloura".
    Imparte clases de gaita na asociación cultural Peis d'hos en Cangas, na asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo e na asociación de veciños de Teis.
    Ademáis, é director do coro tradicional Tirapuxa de Trasmañó.

  • Juan McKinnon
    Imagen:
    Descripción:

    Juan Alberto Álvarez Iglesias é gaiteiro, percusionista tradicional, baterista e divulgador da cultura galega.
    Nado en Coiro (Cangas) e residente en Chapela (Redondela).
    É membro do grupo de música tradicional "Os Carunchos" dende fai dez anos e do grupo de rock/folk "Os Residuos Atractivas".
    Exerce como mestre de tambor tradicional na asociación cultural Peis d'hos en Cangas, na asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo e na asociación de veciños de Teis.
    Dirixe os grupos de música tradicional "Os Vilariños" da A.V.C. de Vilar (Lavadores), a banda de gaitas da sociedade recreativa deportiva Nautilius de San Andrés de Comesaña e a treboada "O Trebón do Berbés".

  • Roberto Sotelo
    Imagen:
    Descripción:

    Roberto Sotelo é gaiteiro de nacemento e profesión.
    Aos 12 anos iníciase coa percusión e aos 16 anos aprende a tocar a gaita de forma autodidacta.
    No ano 1989 entra na A.C. Lembranzas da Ría de Cangas e, dende o ano 2006, dirixe a escola de gaitas e a charanga da mesma.
    Como docente de gaita e percusión imparte clase en grupos e diversas asociacións de todo o Morrazo: Antoxo, Recordos da Nosa Terra e Retrouso de Cela, de Bueu; Ardanceiros, de Marín; Centro Creativo Musical e Reneghados do Leghón, de Moaña; Lembranzas da Ría e Pais de San Roque, de Cangas... Na actualidade é director musical de Meiramar-Axóuxeres, Lume de Karoso, Os Liboreiros, A Garita de Nerga e na asociación cultural Penaguda de Dena.
    É fundador do cuarteto de música tradicional Ludovaina, co que acada diversos premios e mencións en distintos concursos de música tradicional, como o Concurso de Ponteareas ou o Memorial Moxenas. Con Ludovaina publica o seu primeiro traballo discográfico: "Bicos, abrasos e apalpasos".
    Compaxina o seu labor didáctico e artístico co seu obradoiro de gaitas "Obradoiro Balea".

  • Iván Barral
    Imagen:
    Descripción:

    Iván Barral é acordeonista e mestre de acordeón diatónico.
    Inicia a súa aprendizaxe co acordeón diatónico na Escola Municipal Folk e Tradicional (E-trad) da man de Carlos Quintá, onde remata o curso avanzado no ano 2022. Na actualidade continúa a súa formación da man de Pedro Pascual na A.F. Cantigas e Agarimos.
    Ao longo destes anos ingresa en distintas asociacións de Vigo e realiza sustitucións na E-trad, tanto de mestre de instrumento coma de linguaxe musical. Ademais, imparte clases de acordeón diatónico nas asociacións culturais Traspés e Peis d’hos.
    Como músico, forma parte das agrupacións A.C. Traspés, Grupo Etnográfico A Buxaina e Trébede, e tamén forma parte do grupo Estalatá.

  • Tania Pérez
    Imagen:
    Descripción:

    Tania Pérez é pandeireteira e mestra de pandeireta e canto tradicional.
    Ten o seu primeiro contacto coa música tradicional con só catro anos da man da percusión, anos despois comeza a asistir a clases de pandeireta e canto tradicional na asociación cultural Peis d'hos.
    Ademais, é mestra de iniciación á pandeireta e ao canto tradicional na asociación cultural Peis d'hos.
    Foi membro do grupo de pandeireteiras Trébede e na actualidade é compoñente de Lina e Lola.

  • Melisa Martínez
    Imagen:
    Descripción:

    Melisa Martínez é pandeireteira e mestra de pandeireta e canto tradicional.
    Comeza a tocar dende moi nova no grupo Leixoada, máis tarde pasa a formar parte de Ximalveira. Tras un ano de parón, retoma a súa formación na asociación cultural Peis d'hos, onde asiste a clases de canto e pandeireta ata a actualidade.
    Imparte clases de iniciación á pandeireta e ao canto tradicional na asociación cultural Peis d'hos.
    Foi compoñente do grupo de pandeireteiras Trébede e na actualidade é compoñente de Lina e Lola.

Escola

Escola

En Peis d'hos ofertamos clases de acordeón, baile tradicional, cantos populares, tradicionais e de taberna, gaita, pandeireta e canto tradicional e percusión tradicional. A maiores, como novidades para este curso, tamén ofrecemos as actividades de tango, linguaxe musical, harmonía, guitarra, circo, body weather, actividades para bebés, costura, danzas do mundo ou danza contemporánea. Estas actividades lévanse a cabo dende setembro ata xuño, ambos os dous incluídos.
Se tes interese nalgún dos cursos ou tes algunha dúbida ponte en contacto connosco.

Localización

As actividades impártense no Local de Ensaio de Cimadevila (Cangas) e no local do Eirado do Señal (Cangas).
¿Como chegar ao local de Cimadevila?
¿Como chegar ao local do Eirado do Señal?

Horarios

Actividade Día Hora Grupo Lugar
Acordeón cromático luns 17.00-18.00 Cimadevila
18.00-19.00 Cimadevila
19.00-20.00 Cimadevila
20.00-21.00 Cimadevila
21.00-22.00 Cimadevila
Acordeón diatónico xoves 20.00-21.00 Cimadevila
Baile tradicional luns 19.00-20.00 adult@s Cimadevila
martes 19.00-20.00 adult@s Eirado do Señal
20.30-21.30 adult@s Eirado do Señal
mércores 19.00-20.00 adult@s Cimadevila
20.00-21.30 adult@s Cimadevila
xoves 17.15-18.15 infantil Cimadevila
20.30-21.30 adult@s Cimadevila
venres 17.15-18.15 adolescentes Cimadevila
18.30-19.30 adolescentes Cimadevila
20.00-21.30 adult@s Cimadevila
Cantos populares, tradicionais e de taberna sábado 18.00-20.00 adult@s Cimadevila
Gaita venres 16:30-18:00 infantil Cimadevila
18:00-19:30 adult@s Cimadevila
19:30-21:00 adult@s Cimadevila
Guitarra venres 18:00-19:00 Cimadevila
venres 19:00-20:00 Cimadevila
Música e movemento martes 17:30-18:30 de 3 a 6 anos Cimadevila
Música e ritmo para bebés mércores 17:00-17:45 bebés e nais/pais Cimadevila
18:00-18:45 bebés e nais/pais Cimadevila
xoves 17:00-17:45 bebés e nais/pais Eirado do Señal
Pandeireta e canto tradicional xoves 19:00-20:30 adultos Cimadevila
21:30-22:30 adult@s Cimadevila
venres 18:30-19:30 infantil Cimadevila
19:30-20:30 infantil Cimadevila
20:30-21:30 adult@s Cimadevila
21:30-22:30 adult@s Cimadevila
sábado 10:30-11:30 infantil Cimadevila
11:30-13.00 adultas Cimadevila
13:00-14.00 adultas Cimadevila
16:00-17:00 infantil Cimadevila
Percusión tradicional mércores 18:30-19:30 adult@s Cimadevila
venres 19:00-20:00 infantil Cimadevila
20:00-21:00 adult@s Cimadevila




Estes horarios están suxeitos a posibles cambios. Solicita información.

O Viveiro

O Viveiro

O Viveiro é, por definición, un lugar onde se cultivan plantas novas para logo seren transplantadas ou ben un lugar, polo xeral no mar, nun lago ou nun río, ou, se non, nun gran depósito, onde se crían peixes, crustáceos, moluscos etc.

Pois iso mesmo é O Viveiro da A.C. Peis d’hos: un grupo formado na Escola Peis d’hos e que pretende cubrir ese óco entre a escola e unha agrupación de calidade, servindo de trampolín cara a esta e cubrindo así esa última etapa de aprendizaxe na formación previa a actuar en escenarios máis esixentes.

Trébede

Trébede

A comezos do ano 2011 nace no Morrazo o grupo de música e baile tradicionais Trébede, froito da inquietude dun grupo de moz@s pertencentes a dúas asociacións xa existentes, aínda que co paso do tempo Trébede pasará a depender únicamente da A.C. Peis d'hos de Cangas do Morrazo.

A agrupación ten como principal característica a recompilación do patrimonio inmaterial da cultura tradicional galega para a súa posterior difusión e posta en escea. Deste xeito, todas as pezas que interpretan son froito do traballo de campo dos seus compoñentes, adicados dende hai tempo a recompilar todo este material e nel se basean todos os seus traballos e proxectos. O grupo está composto por membros procedentes maioritariamente da comarca do Morrazo (Marín, Bueu e Cangas), Pontevedra e Vigo, e está dirixido por Miguel Sotelo e María Vidal.

Cómpre destacar o seu proxecto audiovisual “Irei a Darbo”, levado a cabo en 2016. É salientable tamén a súa participación no Festival Interceltique de Lorient 2015, na bretaña francesa, representando a Galicia; nas Xornadas de Folclore de Santiago de Compostela en xullo de 2012, na Praza da Quintana, dentro da programación das Festas do Apóstolo; en concursos de baile tradicional onde acadaron diversos premios
así como en concursos de música tradicional nos que tamén conseguiron importantes galardóns; e en moitos outros escenarios ao longo da xeografía galega e da península ibérica.

Xornadas Etnográficas do Morrazo

Xornadas Etnográficas do Morrazo

As IV Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile, traxe e concienciación medioambiental levaranse a cabo do 1 ao 10 de setembro de 2022 no Morrazo. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo (conxuntamente entre os concellos de Bueu, Cangas e Moaña) e consta de:


- De XOVES 1 a DOMINGO 4 de setembro:

* exposición do traxe tradicional galego, por Adobiarte, na Sala Amalia Domínguez (Bueu). Inauguración ás 20:30h.


- VENRES 2 de setembro:

* charla sobre “Ignacio Cerviño, o escultor do Cruceiro do Hío”, por Anxo Coya no Salón de Plenos do Concello de Moaña, ás 20:30h.


- SÁBADO 3 de setembro:

* cantos de tradicionais, populares e de taberna a cargo de Peis d’hos, Maravallada e Os Saljariteiros polos bares de Moaña, de 12:00h a 15:00h.


- DOMINGO 4 de setembro:

MOSTRA ETNOGRÁFICA DO MORRAZO

* actuacións das agrupacións Trébede e Cantigas e Agarimos, ás 20:30h na Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela Castelao (Cangas).


- LUNS 5 de setembro:
* charla medioambiental: “Recuperar os usos tradicionais do monte, mellor xeito de conservalo”, a cargo da Cooperativa Pouso da Serra, ás 20:30h no Salón de Plenos de Moaña.


- MARTES 6 de setembro:

* charla: “A danza de entruido de Nerga” por Guillerme Ignacio na Casa da Mocidade de Moaña, ás 20:30h.


- MÉRCORES 7 de setembro:

* Obradoiro de violín folc por Antía Ameixeiras, no Local de Ensaio de Cimadevila, en Cangas, ás 20:30h.


- VENRES 9 de setembro:

* obradoiro de canto colectivo, por Xaquín Xesteira, no Local de Ensaio de Cimadevila, en Cangas, ás 20:30h.


- SÁBADO 10 de setembro:

* MOSTRA DE ARTESANÍA con postos de artesanía galega relacionados cos traxes, tecidos e construción de diferentes instrumentos tradicionais, de 16:00h a 22:00h na Praza Massó en Bueu.

* música infantil, a cargo de Jorge Juncal e María Faltri, ás 18:30h na Praza Massó en Bueu.

* obradoiros infantís, a cargo de Peis d’hos, ás 19:30h na Praza Massó en Bueu.

* FOLIADA INFANTIL a partir das 20:00h na Praza Massó en Bueu.

* FOLIADA de clausura das Xornadas Etnográficas do Morrazo, a partir das 21:00h, na Praza Massó en Bueu.







Patrocinadores de las XEM

  • Inmobiliaria Lares
    Rúa do Sol, 19 - 36940 Cangas
    986 32 99 75
    info@lares.gal

    Se buscas unha inmobiliaria non o dubides, en Lares atoparás unha opción inmellorable, con grandes profesionais e, sobre todo, con moi bo gusto! E sempre dispost@s a axudarte e asesorarte!

  • Inmobiliaria Casa Roja
    Rúa Nova, 1 - 36940 Cangas
    986 09 86 33

    Se buscas unha inmobiliaria non o dubides, en Casa Roja tes unha moi boa opción, con grandes profesionais ao teu servicio agardando por ti! Inmobiliaria Casa Roja é unha das principais empresas de servicio integral inmobiliario na zona do Morrazo.

  • Soluzión Enerxética
    Rúa As Barxas 19 baixo - Moaña
    986 95 48 18 - 669 92 04 99
    info@soluzionenerxetica.es

  • Abanca

  • Codisoil
    986 88 46 09
    hola@codisoil.com

    Venta de Gasóleo Repsol y AdBlue, Limpieza Industrial, Gestión de Residuos, Mantenimiento de Depósitos y Servicios Marpol

  • Museo do Videoxogo
    Rúa Aragón 2 - 36940 Cangas

    O MUVI é o primeiro museo aberto en España adicado á historia do videoxogo. Xestionado pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia.

  • TodoMorrazo

Actividades de verán

Actividades de verán

En Peis d'hos ofertamos unha serie de actividades lúdicas e formativas durante o verán, destinadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, coa intención de que os nenos aprendan e se relacionen coa nosa cultura e coa música e baile tradicionais dun xeito distendido. Pretendemos dar unha atención personalizada a cada participante, polo que hai límite de prazas.
Estas actividades lévanse a cabo no mes de xullo repartidas en dúas posibles quendas, ou ben todos os luns e mércores ou ben todos os martes e xoves, de 10h. a 13:30h.

Actividades

  • xogos
  • baile tradicional
  • escultura
  • canto
  • pandeireta
  • confección de bonecos
  • percusión
  • pintura
  • traxe tradicional

Localización

As actividades de verán impártense no Local de Ensaio de Cimadevila (Cangas).
¿Como chegar?

Colaboradores


Socios protectores

  • Grupo Acega
    Rúa Méndez Núñez, 36 - 3ºA 36940 Cangas
    986 39 21 45
    info@grupoacega.com

    Asesoramento fiscal, laboral, contable, financieiro e xurídico. Contan cunha dilatada experiencia na xestión e asesoramento de asociacións.

  • Inmobiliaria Lares
    Rúa do Sol, 19 - 36940 Cangas
    986 32 99 75
    info@lares.gal

    Se buscas unha inmobiliaria non o dubides, en Lares atoparás unha opción inmellorable, con grandes profesionais e, sobre todo, con moi bo gusto! E sempre dispost@s a axudarte e asesorarte!

  • Librería Miranda
    Rúa Pazos Fontenla, 35 - 36930 Bueu
    986 32 05 04
    pedidos@libreriamiranda.gal

    En Librería Miranda toparás co teu libreiro de confianza, cun trato moi cercano e sempre disposto a axudarche en todo o que precises. En Bueu, onde ía ser?

  • Mares de Galicia
    Depuradora Vilanova, s/n - 36984 Cangas
    986 39 10 08 / 986 83 80 49

    Empresa adicada á elaboración e comercialización de mariscos frescos e elaborados, inspirada nas máximas de calidade e bo facer. Conta cunhas oficinas no porto pesqueiro de Marín e unha depuradora de moluscos e centro de expedición, Cultivos Marinos Vilanova S.L., en O Hío (Cangas).

  • Chinchorro
    Avenida José Graña, 38 - 36940 Aldán, Cangas
    618 14 90 50

    Cociña sinxela, con productos de temporada, para degustar nun entorno tranquilo e con vistas á marabillosa ría de Aldán. Platos onde prima a calidade dos productos galegos. Todo elaborado con aceite de oliva virxen extra. Para chuparse os dedos, quererás repetir!

  • Anantia Mobel
    Estrada da Magdalena, 86 - 36940 CANGAS
    986300361
    info@anantiamobel.com

    Anantia Mobel é unha empresa onde poderás atopar os mobles que buscas, deseñan cociñas e ademáis fabrican a medida. Visítaos!

  • Burguer Piscis
    Calvar, 26 - 36957 Domaio, Moaña
    986 32 70 04

    Hamburguesería e bocatería con gran tradición e fama na localidade, caracterizada pola calidade dos seus pratos e polo trato cercano con todos os clientes, cun ambiente tranquilo e familiar. Podes atopar gran variedade de hamburguesas, bocadillos ou pratos, cociñados cos mellores productos do mercado. Ademáis, contan con menú do día, servicio de recollida e comidas por encargo.

  • Instalacións Parcero
    Daniel Castelao, 61 bajo - 36950 Moaña
    986 31 55 33
    info@instalacionsparcero.es

    É unha empresa fundada en Moaña no ano 1999, contan cunha amplia experiencia en todo tipo de instalacións de electricidade, fontanería, calefacción, climatización, enerxías renovables, etc. Se precisas un instalador autorizado, non o dubides, contacta con eles sen compromiso!

  • Inmobiliaria Casa Roja
    Rúa Nova, 1 - 36940 Cangas
    986 09 86 33

    Se buscas unha inmobiliaria non o dubides, en Casa Roja tes unha moi boa opción, con grandes profesionais ao teu servicio agardando por ti! Inmobiliaria Casa Roja é unha das principais empresas de servicio integral inmobiliario na zona do Morrazo.

  • O Forno de Juan
    Rúa Ferrol, 3 - 36940 Cangas
    986 13 48 32 / 665 49 76 42

    Panadería-cafetería. Pan, empanadas, empanadas veganas, tartas, croissants, bolaría fresca, caracolas, donuts, troncos de chocolate, larpeiras, roscóns, tortas de nata, capuccinos, café vienés, café irlandés, biscoitos, rosquillas, tartas de chocolate, tartaletas... e con zona de cafetería para degustar o teu dulce. En definitiva, un lugar onde tomar os teus mellores desaiunos e moito máis!


Socios colaboradores

  • Montajes Fuentes
    Camiño da Choupana nº15 - 36949 Cangas
    607 11 36 32 / 986 30 53 31
    montajes.fuentes@gmail.com

    Se tes algún problema coa fontanería, electricidade, calefacción ou enerxías renovables, ou ben queres facer unha obra, non o dubides, Montajes Fuentes é a túa opción!

  • Construccións Piñeiro
    Calle Xoan Piñeiro, 2, 36945 Nerga
    637 55 89 33

    Para calquera tipo de obra, reforma ou o que precises, non o dubides, con Construccións Piñeiro estarás en boas mans!!

  • O Carlete
    Rúa David Cal, 13, 36945 Vilariño
    986 32 87 44

    Fantástico bar no que tomar algo ou comer moi ben, con bo servicio e moi bo ambiente, ao pé da praia de Vilariño. Na mellor compañía, dende 1977.

  • Martinnus Tapería
    Avenida Eduardo Vincenti, 6 - 36940 Cangas
    986 30 34 83
    martinnustaperia@gmail.com

    Bo ambiente e unha deliciosa variedade na carta. Moi bo gusto tanto no cociñar, na estética como no trato persoal agradable coa clientela.

  • Gasdoca S.L.
    Avenida de Bueu, 1 - 36940 Cangas
    986 30 12 89
    gasdoca@gmail.com

    Gasolinera céntrica, aberta ata as 24:00h. e co mellor precio nos carburantes!

  • Espacio SEM
    Avda. de Bueu, 13 - 36940 Cangas
    615 26 53 10

    Osteopatía integral e terapias naturais. Ante calquera tipo de doenza física, xa sexa muscular ou tensional, acude a Espacio SEM, estarás en boas mans!

  • Irisar Deseño e Impresión
    Rúa San Xosé, 11 - 36940 Cangas
    986 39 26 60
    irisar@irisar.es

    Uns artistas no deseño e moi profesionais nas impresións. Se tes calquera encarga relacionada coas artes gráficas e/ou a impresión, non dubides en contactar con eles, resolverán da mellor maneira e con moi bo resultado.

  • Electrodomésticos Moisés
    Fragata Lealtad, 1 - Moaña
    986 310 764
    electrodomesticos_moises@hotmail.com

    Tenda de electrodomésticos en Moaña, para todo o que necesites acude a Moisés e el saberá darche o que precises!

  • Centro Óptico Cangas
    Xosé Félix Soage, 3 - 36940 Cangas
    986 30 31 80
    centro_opticocangas@yahoo.es

    Non xogues coa túa vista, pásate polo Centro Óptico Cangas e ponte en mans de profesionais, estarás en boas mans!

  • Laura Lago Belleza y salud
    Praza do Progreso, 7 baixo - 36940 Cangas
    986 30 27 50
    lauralagogonzalez@hotmail.com

    Centro de estética que ofrece un trato persoal e profesional acreditado con titulacións oficiais e cursos actualizados con ampla experiencia no coñecemento da pel, tratamientos faciais e corporais, depilación co fio, láser, pedicuras e manicuras semipermanentes, masaxes, dietética e todo o referente á dedicación do coidado do corpo. Ponte nas súas mans!

  • O Colmado de Marujamaría
    Rua Real 24 - 36940 Cangas
    886 09 50 61

    Tenda a granel. Marujamaría é unha tenda de regalos «gastronómicos, cosmética ecolóxica e artesanía». O seu eixo central é poñer en valor os excelentes productos das nosas terras, o traballo artesán e o bo facer das pequenas empresas.

  • Mama Rous Tapas e Pintxos
    Avda. de Ourense, 13 Baixo - 36940 Cangas
    886 30 97 54

    Tapas e pinchos variados, boa atención, ambiente agradable, tranquilidade e... voltarás, porque sairás de alí con ganas de repetir!

  • O Forno
    Rea Real, 58 - 36940 Cangas
    637 75 70 47

    O mellor pan da comarca. Contan cun gran equipo humano baixo a dirección do mestre Pablo, que poñen todo o amor en cada cousa que fan, sexa pan artesanal, repostería ou creación innovadoras nas que o elemento natural e ecolóxico forman un papel fundamental.

  • SaúdeSport
    Avenida de Lugo, 49 - 36940 Cangas
    886 09 19 52

    Clínica de Fisioterapia Deportiva cun gran equipo profesional! Empregan diferentes técnicas de Fisioterapia e Osteopatía, combinadas con Pilates/RPG/Entrenamento funcional/Hipopresivos que integran na Readaptación Postural Hipopresiva, na Readaptación Física Personal e en "CrossClinic". Además, contan con profesionais externos de Traumatoloxía, Podoloxía e Nutrición.

  • Tecnosat
    Montero Ríos, 18 - 36940 Cangas
    986 30 70 12 / 622 71 18 19
    tecnosatshop@tecnosatshop.es

    En Tecnosat adícanse á reparación e venta de telefonía e informática e, ademáis, personalízanche a funda do teu móbil coa foto que ti queiras. Sonche moi eficientes!

  • Rosa Mariño - Herbalife
    Outeiro de Balea, 29 - 36949 Cangas
    605 22 58 88
    rosa.marino.ventosinos@gmail.com

    Se buscas un cambio de hábitos ou pautas nutricionais, se necesitas máis enerxía, baixar de peso ou mellorar a túa composición corporal... non o dubides, contacta con Rosa! Darache un asesoramento gratuito!

  • Namelaka
    Praza do Arco, 2 - 36940 Cangas
    722 66 39 37
    ruben.namelaka@gmail.com

    Namelaka é unha xeadería conceptual que rompe con todas as regras establecidas do que ten ou debe ser un xeado. Os seus xeados son desafiantes e disruptivos, sabores novos, texturas perfectas, irreverentes, atrevidos, máis e mellor.

  • Xoiería AR
    Pablo Iglesias, 18 - 36940 Cangas
    617 64 03 77
    joyeriaangelcangas@outlook.es

    Xoiería en Cangas, productos e precios para tod@s. Tamén teñen taller, reparacións, pezas novas... a túa xoiería de confianza!

  • Peluquería Joara
    Avenida de Marín, 16 bajo - 36940 Cangas
    986 30 09 22
    hermelovidal@gmail.com

    Bo salón de beleza cun servicio profesional de calidade e unha gran variedade de servicios. Crean tendencias para ti!! Salón autorizado en ALFAPARF e NIOXIN.

  • Celia Alimentación
    Manuel Graña, 13 - 36940 Cangas
    616499418

    Tenda de alimentación cos mellores productos, as mellores froitas e hortalizas frescas da casa, cultivadas con todo o cariño do mundo. E a mellor atención tamén, sempre cun sorriso na cara!

  • Lokal Burguer & Beer
    Rúa Ferrol, 12, 36940 Cangas, Pontevedra
    886 29 27 27

    Hamburguesas artesanais feitas con carne galega da mellor calidade e pan feito no local, bocadillos, entrantes, salsas caseiras e cervexas artesanais. Servicio de reparto a domicilio. E todo cunha coidada estética e respecto ao medioambiente. Téñeno todo!

  • La Böcöque
    Rúa San José, 50 Baixo - 36940 Cangas
    695 522 475
    hola@labocoque.com

    La Böcöque é sinónimo de coleccións de roupa que nunca pasan de moda, de produción ética e sostible e de prendas creadas por e para mulleres valentes. Date unha volta pola súa web. Atoparás un variado catálogo de artigos para todos os gustos con deseños coquetos, pero tamén cómodos e resistentes, para que te acompañen en cada unha das túas aventuras. Sen dúbida, convertiranse no teu fondo de armario perfecto.

  • Ailaleo!
    Avenida de Galicia, 9 - 36940 Cangas
    687174893
    ailaleocangas@gmail.com

    O teu centro de logopedia, terapia ocupacional, psicopedagoxía...

  • Dedalusnet
    contacto@dedalusnet.com

    Se precisas facer unha páxina web, non o dubides, Dedalusnet é unha magnífica opción! É un pequeno estudio de desarrollo web ubicado en Moaña. En cada proxecto que desenvolven buscan sentirse parte do cliente, entender ben a súa política e ter os mismos obxectivos, isto fai que acaden uns resultados que rozan á excelencia. Tamén se encargan de landings, intranet/extranet, correo electrónico, análise de presenza en internet, tenda online, presenza en redes sociais, etc.

  • Cafetería Real Club Náutico Rodeira
    Avenida de Bueu, 1 - 36940 Cangas

    Restaurante situado no Real Club Náutico Rodeira de Cangas. Dispoñen dunha amplia carta e menú do día. Fan desaiunos, comidas e ceas por encargo para grupos, ademais de actuacións en directo. E teñen dúas terrazas exteriores amplias, con vistas ao mar, e conexión a internet para os clientes.

  • Imprime verde
    Rúa Nicaragua, 49 - 36204 Vigo
    886 142 380
    hola@imprimeverde.com

    Imprime verde é un centro de impresión de gran formato e fine-art responsable, no que a calidade dos seus produtos van da man do respeto ao medio ambiente.

  • Canwash Lavandería
    Rúa Baiona, 22 - 36940 Cangas
    633 79 64 12
    tatianagarcia@canwashlavanderia.com

    Lava e seca edredóns, mantas, cortinas e colada persoal, cos mellores productos e a un módico precio!

  • Clínica Dental Martínez Menduíña
    Rúa Colón, 3 baixo - 36940 Cangas
    986 30 21 67
    mmdentalslp@gmail.com

    Implantoloxía oral, ortodoncia, prótese dental, estética dental, ciruxía oral, periodoncia, blanqueamentos dentais... se precisas unha clínica dental, aquí tes unha moi boa opción!

  • La Pelu
    Avenida de Marín, 20 baixo - 36940 Cangas
    986 30 13 43
    lapelu.cangas@gmail.com

    Peluquería unisex en Cangas cunha amplia variedade de servicios: cortes, peiteados, manicura, peiteados para festas, noivas, maquillaxe, comunións, tratamentos, etc. Avalada pola súa dilatada traxectoria no sector, dende 1991.

Cuotas

Cuotas

Socio

  • Cuota de socio/a: 10€/ano
  • Escola

  • Matrícula: 15€/curso
  • Cuota por actividade para nenos/as: 15€/mes
  • Cuota por actividade para adultos: 18€/mes
  • Cuota por actividade de acordeón ou gaita: 25€/mes
  • Cuota por actividade de cantos de taberna: 5€/mes
  • * Teñen desconto as persoas que vaian a máis dunha actividade e/ou ben sexan membros dunha mesma unidade familiar.

    Grupo

    • Cuota de grupo: 10€/mes
    • Actividades de verán

    • Cuota por actividades de verán para nenos/as: 60€/mes

Galerías

  • 2020
    Escola Peis d'hos 2019-2020
  • 2019
    XEM 2019
  • 2019
    Festival Infantil 2019
  • 2019
    I Festival Peis d'hos 2019
  • 2019
    Actividades de verán 2019
  • 2019
    Concertos didácticos 2019
  • 2019
    II Xornadas de Portas Abertas
  • 2019
    Cantadas 2018-2019
  • 2019
    Escola Peis d'hos 2018-2019
  • 2018
    Escola Peis d'hos 2017-2018
  • 2018
    I Xornadas de Portas Abertas
  • 2018
    XEM 2018
  • 2018
    Actividades de verán 2018
  • 2018
    Festival Infantil 2018
  • 2017
    Escola Peis d'hos 2016-2017
  • 2017
    Festival infantil 2017
  • 2017
    Actividades de verán 2017
  • 2016
    Escola Peis d'hos 2015-2016
  • 2016
    Actividades de verán 2016
  • 2016
    Festival infantil 2016
  • 2015
    Escola Peis d'hos 2014-2015
  • 2015
    Festival infantil 2015
  • 2015
    Actividades de verán 2015
  • 2014
    Actividades de verán 2014
  • 2014
    Festival infantil 2014
  • 2014
    Foliada de Nadal 2014-2015